Sobre de min

Mestra especialista en audición e linguaxe dende o 2006.

Curiosa e cunha cabeciña inquieta por natureza, sempre me atopo argallando cousas, fedellando coas TIC, explicando e axudando a compañeir@s, aprendendo, compartindo… así que decidín crear este blogue para canalizar e ir recollendo todo iso.

Teño formación en TICs aplicadas a educación, en elaboración de recursos educativos para a PDI, na integración de ferramentas colaborativas na aula virtual (moodle, formularios google, uso de google drive e similares, prezi, padlet, classdojo, edmodo, issuu…), en creación de recursos educativos LIM usando Edilim. Agora comezo a familiarizarme con Canva, Genially…

Tamén teño formación no uso de OpenOffice e LibreOffice (inda que actualmente uso WPSOffice) e no uso e instalación de LINUX (inda que a min gustame máis Ubuntu ou linux-mint co Debian que usa a nosa Consellería…) e tamén uso moito o ARAWORD e todo o que ofrece o ARASAAC.

So agardo poder contribuír, sobre todo no eido da educación especial.