Adaptando contos

Remexendo ao inicio de curso na nova ubicación da miña aula (por mor da COVID) atopei un conto infantil en italiano: A nanna, gattini!

Encantoume, é un conto deses que sabes que lles vai gustar aos máis pequenos e ademais, trátase dun conto acumulativo onde existe unha “fórmula” inicial que se repite moitas veces ao longo da historia.

Estes contos soen gustar moito aos nenos e nenas e son un éxito casi asegurado, pero ademais, teñen algúns beneficios para os seus lectores, por exemplo son fantásticos para axudarlles a desenvolver habilidades lingüísticas.

Enganchan moito aos nenos e nenas, sobre todo porque animan aos nenos e nenas a participar na narración, porque esa repetición fai que lles sexa moi fácil recordar a secuencia narrativa, favorecendo a comprensión do texto e as ganas de contalo eles sos.

Outros beneficios son:

  • Favorecen a atención e motivación dos nenos.
  • Axudan a comprender o texto.
  • Traballan e exercitan a memoria.
  • Favorecen a expresión oral e a súa capacidad comunicativa, porque os nenos animanse a participar na narración.
  • Axudan ao aprendizaxe da linguaxe verbal.
  • Achegan aos nenos ao coñecemento e comprensión das estruturas narrativas.
  • Axudan a fixar e incrementar o vocabulario.
  • Traballan a conciencia fonolóxica, sobre todo se o conto ademais de ser repetitivo ten rimas e xoga coa sonoridade da linguaxe.
  • Dalles seguridade porque saben o que vai pasar, así que os nenos se relaxan e desfrutan moito das historias.
  • Etc.

Doume moita mágoa non poder aproveitalo, así que cuns cantos pictogramas de ARASAAC… este foi o resultado:

Autor:

Mestra especialista en audición e linguaxe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s