Remexendo ao inicio de curso na nova ubicación da miña aula (por mor da COVID) atopei un conto infantil en italiano: A nanna, gattini!
Encantoume, é un conto deses que sabes que lles vai gustar aos máis pequenos e ademais, trátase dun conto acumulativo onde existe unha “fórmula” inicial que se repite moitas veces ao longo da historia.
Estes contos soen gustar moito aos nenos e nenas e son un éxito casi asegurado, pero ademais, teñen algúns beneficios para os seus lectores, por exemplo son fantásticos para axudarlles a desenvolver habilidades lingüísticas.
Enganchan moito aos nenos e nenas, sobre todo porque animan aos nenos e nenas a participar na narración, porque esa repetición fai que lles sexa moi fácil recordar a secuencia narrativa, favorecendo a comprensión do texto e as ganas de contalo eles sos.
Outros beneficios son:
- Favorecen a atención e motivación dos nenos.
- Axudan a comprender o texto.
- Traballan e exercitan a memoria.
- Favorecen a expresión oral e a súa capacidad comunicativa, porque os nenos animanse a participar na narración.
- Axudan ao aprendizaxe da linguaxe verbal.
- Achegan aos nenos ao coñecemento e comprensión das estruturas narrativas.
- Axudan a fixar e incrementar o vocabulario.
- Traballan a conciencia fonolóxica, sobre todo se o conto ademais de ser repetitivo ten rimas e xoga coa sonoridade da linguaxe.
- Dalles seguridade porque saben o que vai pasar, así que os nenos se relaxan e desfrutan moito das historias.
- Etc.
Doume moita mágoa non poder aproveitalo, así que cuns cantos pictogramas de ARASAAC… este foi o resultado: